A Sociedade Cultural do Viso organiza este sábado 14 ás 19:30 h unha nova sesión do programa Música Kativa. O evento desenvolverase na antig escola de Tuimil e ten por finalidade achegar artistas locais a esta parroquia cun evento familiar completamente de balde.
O concerto dará comezo coa decana agrupación de gaiteiros Asubíos, quen interpretará pezas tradicionais dun xeito desenfadado e festivo. Continuará a sesión co grupo rock revelación do panorama musical local, Refugallo Rock integrado por músicos do panorama redondelán experimentados e con anos de traxectoria. O grupo interpretará diversos clásicos do rock contados en galego, dun xeito transgresor e divertido cun enfoque moi achegado á nosa terra.
A sesión é de balde, aberto a tódolos públicos e está encadrada dentro do Convenio Interparroquial da Concellería de Cultura de Redondela.










