O Programa Integrado de Emprego ofrece un plan de formación dun ano con clases teóricas e prácticas cun total de cen prazas orientadas a persoas que se atopen actualmente en paro. As persoas interesadas deben estar inscritas na Oficina do Servizo Público de Emprego lles corresponda, solicitando na súa demanda o servizo de “Programas Experimentais (930)”. Tamén poden informarse no Centro de Formación A Marisma, no paseo do Pexegueiro, 6, no teléfono de contacto 986 40 26 64, ou no enderezo electrónico per@redondela.gal.
O Concello de Redondela pon en marcha un novo Programa Integrado de Emprego, o correspondente ao curso 2026-27. A iniciativa céntrase en mellorar a formación das persas participantes e promover a súa inserción laboral. O proxecto conta con 100 prazas para persoas demandantes de emprego de Redondela, con prazas reservadas especialmente para parados con discapacidade, persoas e risco de exclusión social, menores de 30 anos, maiores de 52 anos, persoas desempregadas perceptoras de prestacións ou subsidios, e mulleres en paro.
Ao longo dos doce meses que dura o programa os participantes reciben orientación e asesoramento, formación, técnicas de busca de traballo e realizan prácticas en empresas. Como compensación, todos os participantes teñen dereito a percibir unha bolsa de 10 euros por cada día de asistencia ao programa.
As persoas interesadas deben estar inscritas na Oficina do Servizo Público de Emprego lles corresponda, solicitando na súa demanda o servizo de “Programas Experimentais (930)”. Tamén poden informarse no Centro de Formación A Marisma, no paseo do Pexegueiro, 6, no teléfono de contacto 986 40 26 64, ou no enderezo electrónico per@redondela.gal.
O ano pasado un total de 93 participantes acadaron un contrato de traballo durante o programa. A alcaldesa, Digna Rivas, anima ás persoas en situación de desemprego a participar neste programa “a elevada cifra de ocupación demostra o gran éxito que supoñen estes proxectos para fomentar o emprego”. A través dos convenios con empresas da comarca, o ano pasado 36 participantes fixeron prácticas nos sectores de automoción, comercio, almacén e limpeza “e 25 foron contratados na mesma empresa”.
O programa está financiado pola Consellería Emprego, Comercio e Emigración cunha subvención de 230.000 euros e o cofinanciamento do Concello de Redondela para garantir o correcto funcionamento do plan de formación.









