Hoxe é Martes 3 de Novembro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela organiza unha visita guiada ao Cemiterio dos Eidos para maiores de 55 anos

cemiterio eidos

O Concello de Redondela organiza este xoves 5 de novembro unha visita guiada ao Cemiterio dos Eidos, unha oportunidade para descubrir a historia, o patrimonio artístico e a memoria que agocha este camposanto. A actividade, incluída no programa Vida Compartida, está dirixida a persoas maiores de 55 anos e compre de inscrición previa no teléfono da oficina de turismo 986 40 17 13.

O Concello de Redondela propón para este xoves unha visita guiada ao Cemiterio dos Eidos. A cita será este xoves 5 de novembro ás 16:30 horas e forma parte do programa Vida compartida pensada para persoas mairoes de 55 anos que poderán así coñecer o antigo camposanto de Redondela construído en 1833. Un camposanto que alberga estatuas e panteóns de gran valor artístico e histórico. Un lugar que conta con fosa común, na que foron soterrados 42 republicanos e tamén outras persoas de nome salientable como o heroe da batalla de Ponte Sampaio John O’Dogherty, os exalcaldes Telmo Bernárdez e Ramón Pardo, a mestra Ernestina Otero ou o médico e político Alejandro Otero.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará