Hoxe é Mércores 30 de Setembro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Bacallau con mazá, sidra e moita gastronomía na Festa da Mazá de Negros

festa mazá1

A parroquia de Negros xa ten todo preparado para celebrar esta fin de semana –o sábado 3 e domingo 4-  a XXIX edición da Festa da Mazá, unha cita que reunirá gastronomía, música e tradición. Máis de 1.300 quilos de mazá empregraranse para elaborar máis de mil litros de sidra e unha variada proposta culinaria na que o bacallau con mazá volverá ser o prato estrela. O pregón será o domingo ás 13:30 horas a cargo da gañadora do programa de televisión A liga dos cantantes extraordinarios, Virginia Cruz.

A parroquia de Negros ultima estes días os preparativos para celebrar a XXIX edición das Festas da Mazá, unha cita que combinará gastronomía, música e tradición durante toda a fin de semana.

A recollida da mazá foi o paso previo a uns traballos que estes días se centran na compra dos ingredientes e na elaboración da sidra e dos diferentes pratos que se ofrecerán aos asistentes. En total, recolléronse arredor de 1.300 quilos de mazás, unha cantidade que permitirá elaborar máis de mil litros de sidra, ademais de servir como ingrediente fundamental de boa parte das propostas gastronómicas da festa.

Alfonso Amoedo forma parte da Asociación de Veciños organizadora do evento

As celebracións desenvolveranse ao longo de dúas xornadas, o sábado e o domingo, nunha carpa instalada no recinto de festas que acollerá as actividades e os visitantes que se acheguen ata a parroquia. Xunto coa proposta culinaria, o programa inclúe diversas actuacións musicais e culturais.

Entre os pratos que se poderán degustar destaca o bacallau con mazá, considerado unha das especialidades da festa. A oferta completarase con chourizos á sidra, costela con mazá, empanada de bacallau con mazá, empanada de lombo con mazá, pinchos de polo con mazá e diferentes variedades de tortas de mazá. Así nolo explicaba María del Pilar Gómez.

O programa dará comezo o sábado ás 19:00 horas coa apertura das degustacións. Ás 21:00 horas terá lugar a actuación do grupo Gin Toni’s.

O domingo, a actividade comezará ás 11:00 horas coas degustacións gastronómicas. A partir das 12:00 horas sucederanse as actuacións do Grupo de Gaitas e do Grupo de Pandeiretas do Carballo das Cen Pólas, así como do Grupo de Música e Coro de Cidadelle.

Un dos momentos centrais da xornada chegará ás 13:30 horas, coa lectura do pregón, que correrá a cargo de Virginia Cruz, gañadora do programa de televisión A liga dos cantantes extraordinarios.

As Festas da Mazá despediranse ás 16:30 horas coa actuación musical do Trío 3.Com.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará