Hoxe é Mércores 30 de Setembro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior intensifica o control sobre os excrementos e ouriños de mascotas na vía pública

souto cans

O Concello de Soutomaior inicia unha campaña destinada a previr e controlar comportamentos incívicos relacionados coa presenza de excrementos e ouriños de mascotas nas rúas e espazos públicos do municipio. A iniciativa combina a concienciación cidadá coa vixilancia e o control destas condutas, especialmente nas zonas de uso infantil.

Dende o Concello destacan que a gran maioría das persoas propietarias de animais actúa de maneira responsable, recollendo os excrementos e procurando manter limpas as zonas polas que pasean coas súas mascotas. Porén, existe unha minoría que non cumpre con estas obrigas, unha situación que provoca que determinadas rúas e espazos públicos permanezan sucios e que pode xerar problemas de salubridade, especialmente preocupantes en lugares como os parques infantís.

Por este motivo, fan un chamamento á responsabilidade e á colaboración da veciñanza e lembra que, cando se saia a pasear coas mascotas, é necesario levar sempre bolsas para recoller os excrementos e líquido ou auga suficiente para limpar os ouriños que poidan quedar na vía pública ou noutros espazos de uso común.

A campaña terá tamén unha vertente de control e vixilancia destas condutas incívicas, co obxectivo de reforzar o cumprimento das normas de convivencia e evitar situacións que prexudiquen ao conxunto da veciñanza.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará