Hoxe é Venres 25 de Setembro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Aulas sen profesor no Colexio Alexandre Bóveda

anpachapela

Pais e nais do CEIP Alexandre Bóveda de Angorén denuncian que os rapaces de 4º de primaria levan sen profesor dende que arrancara o curso o pasado 9 de setembro. Rexeitan a proposta de Educación de unir as aulas de 5º e 6º de Infantil para trasladar unha mestra a Primaria e veñen de iniciar unha campaña de recollida de sinaturas para reclamar a Inspección Educativa que se cubra esta praza de xeito inmediato.

O centro de Chapela comezou o curso cun docente menos, Logo de dúas semanas sen o profesor interino que a Consellería lles prometese, a Anpa do colexio de Chapela vén de iniciar unha campaña de recollida de sinaturas para presentar unha solicitude ante a Inspección Educativa e a Consellería de Educación. Reclaman que se cubra con urxencia a praza de mestre para o curso 4º de Primaria que, segundo explican, permanecen sen docente desde o pasado 9 de setembro.

A praza, explcian dende a Anpa, está reservada a un docente en comisión de servizos, pero a Administración non incorporou persoal interino para cubrila. Ante esta situación, indican que o 18 de setembro se propuxo trasladar unha mestra de Educación Infantil a Primaria. Unha medida que obrigaría a reunir nunha soa aula os grupos de 5º e 6º de Infantil.

As familias consideran que a proposta é un parche que trasladaría o problema dunha etapa a outra. Advirten de que a falta de profesorado xa afecta ao conxunto do centro e, de maneira especial, ao alumnado que precisa apoio educativo específico. Por iso, piden que se incorpore o mestre que corresponde a Primaria sen reducir os recursos de Infantil.

Como medidas máis inmediatas iniciaron unha campaña de recollida de sinaturas e solicitarán unha reunión con Inspección Educativa. Con todo, non descartan iniciar as mobilizacións no caso de que a Consellería non atenda as súas demandas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará