Adif vén de contratar esta actuación que suporá a electrificación de 5kilómetros de vía, unha actuación que supón un investimento de 3,4 millóns de euros e que completa a electrificación de todo o trazado ferroviario convencional entre Redondela e Pontevedra. Os traballos comprenden o despregamento dos postes e o tendido da liña aérea de contacto (LAC) ou catenaria, o cable de alta tensión suspendido lonxitudinalmente sobre as vías, do que os trens toman enerxía para circular.
A actuación súmase á recente adxudicación dos traballos de renovación da liña entre estas dúas localidades, Redondela e Arcade (7,8km), co despregamento de material de vía novo e de maiores prestacións (balasto, carril, travesas e desvíos), a supresión dun paso a nivel, o reforzo de pontes, aumento de gálibo de túneles e mellora da drenaxe, entre outras actuacións.
Adif continúa así avanzando na modernización da Liña do Miño que, cun investimento global de 265 millóns de euros, adecuarase os parámetros do Corredor Atlántico, reforzará a conexión con Portugal e aumentará a capacidade para tráficos de viaxantes e mercancías.









