O CD Choco ten en marcha unha nova campaña de captación de xogadores e xogadoras para reforzar a súa canteira e fomentar a práctica do fútbol entre a reapazada. Concretamente esta proposta está dirixida a nenos e nenas nados nos anos 2017 e 2018 que poderán incorporarse ao club con independencia do seu nivel ou experiencia previa.
Desde o club animan a participar a todos aqueles rapaces e rapazas aos que lles guste o fútbol e teñan interese en formar parte dun equipo e coñecer novos compañeiros. O obxectivo é ofrecerlles un espazo no que poidan aprender e gozar do deporte, ao tempo que desenvolven valores relacionados co respecto, o compañeirismo, o esforzo e o traballo en equipo.
As familias interesadas en recibir máis información sobre a incorporación á canteira poden poñerse en contacto co club a través do teléfono 607 012 679
As actividades desenvolveranse en Redondela, onde o CD Choco continúa coa súa aposta polo fútbol base e pola formación deportiva e persoal dos máis novos.









