Hoxe é Xoves 17 de Setembro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PP reclama ao Concello máis mantemento e atención aos centros educativos

Diseño sin título(7)

Os populares aseguran compartir “o clamor das Anpas” contra a deixadez de funcións municipal pola ausencia de obras de conservación, a falta de convocatoria do Consello Escolar durante catro anos, os retrasos nas axudas do comedor e o “pasotismo” co transporte escolar.

O grupo municipal do PP de Redondela vén de arremeter contra o goberno de Digna Rivas pola “falta de mantemento e abandono” nos colexios públicos malia ter as competencias específicas nesta materia.

Os populares concretaron que os problemas derivados da falta de xestión municipal multiplicáronse neste inicio de curso en Redondela. Neste sentido fan referencia a falta dun plan de mantemento e conservación dos centros e aseguran que non se están a executar obras para que estean en condicións, denuncian tamén retrasos e impagos nas axudas do comedor escolar que non se resolven ata despois do inicio de curso coas conseguintes molestias ás familias e a non convocatoria do Consello Escolar Municipal dende hai catro anos. Finalmente fan referencia aos problemas co transporte escolar neste inicio de curso e acusan ao goberno de “pasotismo absoluto neste asunto”.

Ante esta situación, o PP redondelán comparte plenamente o clamor das asociacións de nais e pais pola deixadez de funcións municipal, que chegaron a denunciar “a falta de implicación municipal cos centros” e cuestionou explicitamente á súa falta de apoio neste comezo de curso “por non resolver cuestións básicas que son da súa competencia”.

O popular Iván Crespo enumerou outros casos, como o do CEIP Quintela, que está a reclamar ao Concello a mellora da seguridade dos accesos e a creación dun espazo cuberto, ou do CEIP Laredo que,, seugndo afirman “tras oito anos sen un mínimo mantemento municipal acabou xerando un problema estrutural na cuberta que terá que ser resolto pola Xunta”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará