O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, vén de asinar co alcalde de Fornelos de Montes, Emiliano Lage, o convenio para a urbanización da praza pública da Curuxeira de Calvos que contempla unha achega 220.800 euros para financiar a creación dun novo espazo público de 700 metros cadrados. A obras está valorada en 260.000 euros, dos que o Concello achega os 39.000 euros restantes.
O proxecto ten como obxecto a urbanización, baixo criterios de innovación, sustentabilidade e accesibilidade; da praza pública da Curuxeira de Calvos, situada no Concello de Fornelos de Montes. A praza dispón de acceso dende a estrada EP 2802 e ten unha superficie total de 755 metros cadrados, aínda que a actuación centrarase nunha área de 704 metros cadrados e conta cun parque infantil de 164 metros cadrados.
Levaranse a cabo a substitución do pavimento de terra existente por un pavimento que combina o granito, céspede artificial e caucho sintético, a restauración do parque infantil, o soterramento das redes de pluviais e a instalación de elementos de deporte biosaludables.









