Hoxe é Xoves 20 de Agosto de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Punkativada regresa a Soutomaior con música, teatro e obradoiros para toda a familia

punkativada

A Carballeira do Peirao de Arcade acollerá os días 22 e 23 de agosto a cuarta edición do Punkativada, o festival para a xente miúda que reúne música, teatro, humor e obradoiros creativos nunha proposta pensada para gozar en familia. Todas as actividades serán de balde e inclúen tamén propostas interxeracionais como o concerto tribulo Lembra Xabarín.

O alcalde Manu Lourenzo salientan a erelevancia deste festival no que os cativos e cativas son os protagonistas

A programación comezará o sábado 22 de agosto cos obradoiros creativos “A que soa a lingua? Lingua Punki” nos que as crianzas poderán achegarse á poesía e experimentar con tatuaxes, maquillaxes e peiteados punki.

A unha da tarde terá lugar o espectáculo “A estrada” de Natalia Outeiro Pajarito e xa pola tarde, ás 17:00 horas, será a quenda de Historias para escangarriñarse, de Teatro Ghazafelhos, mentres que ás 19:30 horas chegará o espectáculo Comisión de festas, de Brais das Hortas.

O domingo 23 de agosto volverán os obradoiros creativos e a programación musical cun concerto tributo ás 13:00 horas Lembra Xabarín, que recupera a música e o espírito rebelde do Xabarín Club nunha proposta dirixida ao público familiar.

Ás 17:00 horas, Pan con chocolate, de María da Pontragha, poñerá o punto final ao festival cunha sesión de contacontos que combina sabor, memoria e imaxinación.

O Punkativada chega así á súa cuarta edición cunha programación que aposta pola lingua galega, a creatividade e o espírito punk, ofrecendo ás familias unha fin de semana de actividades culturais e de ocio nunha das contornas naturais máis emblemáticas de Soutomaior.

O alcalde animou a toda a rapazada do concello e da contorna a participar nesta cuarta edición e a «volver sacar ese espírito punki que todos levamos dentro», destacando a aposta do festival por unha programación cultural e de ocio especialmente pensada para a xente miúda.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará