Hoxe é Mércores 19 de Agosto de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O rock máis retranqueiro chega ao entroido de verán con Monoulious DOP

mounolius

Veranito en Jalisia, Oporto Vice ou Candela son algúns deses temas irreverentes e humorísticos que se poderán escoitar na noite do sábado no Campo da Feira. A banda de rock e pop orixinaria de Noia, Monoulius DOP chega a Redondela para animar un entroido de verán que contará tamén coa música dos arxentinos Ráfaga e a gala Drag ademais dos Djs que animarán a festa ata as catro da madrugada.

Monoulious Dop nacía no ano 2012 coma un proxecto enfocado para internet. Sen embargo, a poularidade dos seus vídeoclips levou ao seus fundadores, Mon e Ula, a dar o salto aos escenarios. Nesta viaxe teñen feito concertos para grupos moi reducidos de espectadores pero tamén ante grandes multitudes que será, de seguro, o que aconteza este sábado en Redondela. Eles din que “veñen avisados do fiestón co que se van atopar neste entroido”.

Unha proposta musical variada que se pasea por diferentes xéneros malia que a súa base é o rock e o pop. Un dos seus puntos fortes, en todo caso, son as letras das súas cancións cargadas de retranca e humor e nas que se fala de todo tipo de temas pero poñéndolle sempre o toque festeiro.

Nacen así temas irreverentes como Oporto Vice, Candela, Veranito en Jalisia, Somos os Mellores ou tardeo. Cancións que soarán este sábado a partir das 23:00 horas no Campo da Feira nun show “divertido, dinámico e participativo”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará