Hoxe é Mércores 19 de Agosto de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A SAR Rodavigo afronta este xoves a semifinal da Copa Galicia feminina ante o Cañiza

sar

A SAR Rodavigo arranca a tempada cunha importante vitoria na Copa Galicia. O conxunto redondelá impúxose por 21-25 ao Seis do Nadal Coia nos cuartos de final, facéndose así co billete para as semifinais. A próxima cita é este xoves na Cañiza.

A tempada non podía comezar de mellor xeito para o equipo da SAR que se impuxo ante o  Seis do Nadal Coia malia que o partido arrancou a favor das viguesas. De feito nos primeiros minutos o Coia chegou a contar cunha vantaxe de catro goles (6-2, min. 14). A SAR Rodavigo soubo reaccionar e, pouco a pouco, foi recortando distancias ata igualar o encontro no minuto 25 (9-9). A igualdade mantívose ata o descanso, ao que se chegou cunha mínima vantaxe local (12-11).

Na segunda metade, ambos os equipos mantiveron unha dura loita e o marcador continuou moi equilibrado, con constantes alternativas. A falta de 13 minutos para o final, no minuto 47, o empate a 18 reflectía a máxima igualdade sobre a pista.

Foi nese tramo decisivo cando a SAR Rodavigo deu un paso adiante. O maior acerto ofensivo das nosas permitiulles abrir unha pequena vantaxe nos minutos finais e controlar o partido para acabar selando a vitoria por 21-25.

Con este triunfo, a SAR Rodavigo xa está nas semifinais da Copa Galicia, onde terá que afrontar un novo reto a domicilio. Este xoves visitan ao Balonmán Cañiza nunha semifinal na que estará en xogo o pase á final da Copa Galicia.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará