Hoxe é Venres 7 de Agosto de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Gael Couñago (CAR) pecha unha tempada de éxito co título de campión galego sub20

752681967_18038220161810669_4255311695814567912_n

Foto de @momentodeporte // Gael no Campionato de España sub20

A tempada 2025-2026 confirmou a progresión de Gael Couñago Romasanta, unha das grandes promesas do Club de Atletismo de Redondela. O saltador de altura despídese do curso deportivo cun palmarés destacado, no que sobresae o título de campión galego sub-20,  a vitoria no XLII Gran Premio Internacional Cidade de Vigo e unha meritoria sétima posición no Campionato de España da categoría, ademais de establecer unha nova mellor marca persoal de 2,01 metros.

No Campionato de España disputado en Albacete baixo unhas condicións extremas e temperaturas próximas aos 40 graos, Gael conseguiu superar o listón de 1,99 metros ao primeiro intento e quedou ás portas dos 2,02, unha altura que lle permitiría mellorar de novo o seu rexistro persoal. Finalmente rematou na sétima posición nacional, un resultado que puxo o broche a unha campaña de alto nivel. 

Esa progresión é froito dun intenso traballo semanal. Gael adestra catro días á semana, aos que suma unha sesión de ximnasio, adaptando a carga cando hai competicións para favorecer a recuperación. Unha esixencia que compaxina cos seus estudos, xa que acaba de finalizar un ciclo de deportes e o próximo curso continuará coa formación superior.  O seu obxectivo profesional pasa por converterse en profesor de Educación Física, mentres que no plano deportivo aspira a seguir medrando ata poder competir nun campionato europeo.

O atleta tamén destaca o papel do Club de Atletismo de Redondela no seu desenvolvemento. Considera que a entidade ofrece unha atención moi próxima aos deportistas máis novos, favorecendo o seguimento desde as categorías base. Ao mesmo tempo, fai un chamamento para captar máis rapaces cara ao atletismo e lembra que, malia tratarse dun deporte aparentemente individual, “é moito máis de equipo do que parece”.

Reiterou a necesidade dunha pista reglada onde poder adestrar, unha importante demanda do CAR dos últimos anos que segue sen materializarse. “É unha necesidade ter instalacións adecuadas se queremos seguir avanzando e acumulando títutlos nacionais”, comenta.

Tras unha tempada cargada de competicións e éxitos, agora chega o tempo de descanso. Sen probas ata o inicio da campaña de inverno, Gael afronta unhas semanas para recuperar forzas antes de volver aos adestramentos co reto de seguir superando marcas e consolidándose entre os mellores especialistas do salto de altura en Galicia e no panorama estatal.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará