Hoxe é Venres 7 de Agosto de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Intervención policial e sanitaria nunha vivenda do Paseo do Pexegueiro tras varios avisos ao 112

1003744122888_261333302_1706x960

Un operativo conxunto da Policía Nacional, a Policía Local e os servizos sanitarios mobilizouse na mañá do xoves na rúa Paseo do Pexegueiro, en Redondela, tras recibirse varios avisos a través do 112 que alertaban da actitude alterada dun veciño.

Segundo informaron fontes policiais, o home estaba a berrar e a lanzar obxectos pola xanela da súa vivenda. A alerta produciuse arredor das 11.30 horas e, ao chegar ao lugar, os axentes comprobaron que o afectado permanecía no interior do domicilio e non permitía o acceso.

Ante esta situación, estableceuse un dispositivo policial e sanitario co obxectivo de garantir a seguridade na zona e prestar asistencia ao veciño. Despois de máis de dúas horas de intervención, arredor das 14.00 horas, os axentes lograron acceder á vivenda xunto co persoal sanitario para facilitarlle a atención que precisaba.

As mesmas fontes sinalan que o home estaba a atravesar unha crise de saúde mental. No interior do domicilio atopáronse varios coitelos e outras armas brancas, que quedaron baixo control dos axentes durante a intervención.

O operativo desenvolveuse sen que se rexistrasen danos persoais entre os veciños nin entre os efectivos participantes, e permitiu restablecer a normalidade na contorna unha vez finalizada a actuación.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará