Hoxe é Xoves 6 de Agosto de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A unidade móbil de doazón de sangue regresa a Redondela esta fin de semana

ados redondela

A unidade móbil da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS) volverá a Redondela esta fin de semana dentro da campaña especial de verán para promover a doazón de sangue. O vehículo situarase diante da Casa do Concello o venres 7 de agosto, en horario de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 21.00 horas, e o sábado 8 de agosto, de 10.00 a 15.00 horas.

A iniciativa busca facer fronte á baixada habitual das doazóns durante o período estival, unha época na que se manteñen as necesidades asistenciais dos hospitais galegos. ADOS subministra compoñentes sanguíneos a todos os centros hospitalarios da comunidade, contribuíndo cada ano ao tratamento de máis de 30.000 pacientes.

Nesta campaña de verán, o organismo pretende acadar máis de 22.000 doazóns para garantir a atención dunhas 6.500 persoas que precisan transfusións ou outros compoñentes do sangue para recuperar a saúde.

Desde ADOS fan un chamamento á participación da veciñanza e lembran que doar sangue é un xesto solidario que pode resultar decisivo para salvar vidas.

As persoas interesadas poden consultar información sobre os requisitos para doar, así como a localización das unidades móbiles, na páxina web de ADOS ou a través do teléfono gratuíto 900 100 828.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará