Hoxe é Sábado 1 de Agosto de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Festa nas parroquias de Negros, O Viso e Cabeiro

758793622_1527600152181156_5151484753808958197_n

O primeiro sábado de agosto chega cargado de celebracións en diferentes parroquias de Redondela. Santo Estevo de Negros, O Viso e Cabeiro darán comezo ás súas programacións festivas cunha oferta que combina verbenas, actividades tradicionais, música en directo e propostas para toda a familia, convertendo a xornada nun dos primeiros grandes encontros do verán no municipio.

En Santo Estevo de Negros arrancan as festas na honra do Sagrado Corazón de Xesús cunha gran sardiñada popular que dará comezo ás 21.00 horas. A cita estará amenizada pola discoteca móbil Karamelo e está pensada como un encontro aberto a toda a veciñanza e visitantes, cun ambiente festivo arredor da gastronomía e da música. A programación continuará o luns 3 de agosto coa misa solemne cantada pola Coral de Santo Estevo de Negros, seguida da procesión acompañada polo grupo Vilar de Infesta e a agrupación de gaitas Terra Meiga do Viso. As celebracións rematarán cun picoteo para a veciñanza.

Tamén no Viso, celebra as festas na honra da Virxe do Carme. O programa principal comezará o sábado ás 22.00 horas cunha gran verbena na que actuarán as orquestras Arena Musical e Prisma. Xa o domingo, a Banda de Gaitas e Percusión Foula protagonizará o pasarrúas da mañá antes da misa solemne, prevista para as 13.00 horas no torreiro da festa.

Pola súa banda, a parroquia de Cabeiro acollerá este sábado a primeira edición da Ruta Cabalar “Os Tronchamulas”. A marcha ecuestre partirá ás 16.00 horas desde o Centro Cultural de Cabeiro e percorrerá aproximadamente vinte quilómetros. A metade do percorrido haberá unha parada para un pincho e bebida, mentres que a xornada rematará cunha cea de confraternidade, música e festa. A organización informa de que o evento é apto para carros e inclúe menús adaptados para os máis pequenos, coa previsión de reunir afeccionados ao mundo do cabalo e veciñanza nun ambiente de convivencia.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará