Hoxe é Venres 31 de Xullo de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Concello abre a porta ás propostas da mocidade para ampliar o Lab Xove

e6ee9fb1-85e8-430c-9093-7674dea7667d

O Concello de Redondela anima á mocidade a propoñer novas actividades para ampliar o programa Lab Xove despois do éxito acadado na edición deste verán. A iniciativa, desenvolvida durante todo o mes de xullo, pechou cun balance moi positivo, marcado pola alta participación e pola excelente valoración dos obradoiros por parte dos mozos e mozas maiores de 12 anos que participaron nas diferentes actividades.

Segundo o Concello, os obradoiros recibiron unha moi boa acollida e os asistentes destacaron tanto a utilidade dos contidos como o carácter práctico e dinámico das sesións. O programa incluíu propostas centradas na creatividade, a tecnoloxía e a expresión artística, co obxectivo de ofrecer alternativas adaptadas aos intereses da mocidade.

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, salientou que o éxito da iniciativa “demostra que a mocidade do noso Concello ten inquedanzas e ganas de aprender cando se lle ofrecen alternativas públicas de calidade, saudables e adaptadas aos seus gustos”. A rexedora asegurou ademais que o Goberno local seguirá escoitando as propostas dos mozos e mozas, animándoos a presentar ideas para futuras actividades e cursos que respondan ás súas inquietudes.

Entre as principais novidades desta edición figuraron os obradoiros de Artesanía en coiro e Iniciación a DJ, que, segundo explicou a concelleira de Infancia e Xuventude, Iria Vilaboa, espertaron un grande interese entre a rapazada. A edil considera que a excelente resposta confirma o acerto de incorporar novos formatos creativos e musicais á programación estival.

A oferta completouse con cursos de Edición de vídeo e fotografía, Ferramentas de Intelixencia Artificial e Pintura mural, que tamén acadaron unha boa participación. Vilaboa destacou o ambiente de colaboración e implicación vivido nos diferentes talleres e asegurou que esta resposta “impúlsanos a seguir traballando dende a Concellería en novas propostas formativas, artísticas e dixitais de cara aos vindeiros meses”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará