Hoxe é Xoves 30 de Xullo de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PP de Redondela pide o cese ou a dimisión de Roberto Villar polas súas declaracións sobre os consellos parroquiais

741728037_18417674626151062_153019318918474797_n

O grupo municipal do PP de Redondela reclamou a dimisión ou, no seu defecto, o cese inmediato do concelleiro independente Roberto Villar, integrante do goberno local, polas declaracións que realizou durante o último pleno en relación cos representantes dos consellos parroquiais e dos colectivos veciñais. Os populares consideran que as súas palabras supoñen “insultos, acusacións e descualificacións” cara a entidades que desenvolven un labor altruísta no municipio e sosteñen que o edil quedou “desautorizado” para continuar como representante público.

Segundo explicou o PP nun comunicado, Villar cualificou a representantes destes colectivos con expresións que consideran ofensivas, ao tempo que os acusou de manter actitudes machistas, actuar como “palmeiros”, formular propostas “fumadas” ou “inútiles” e reclamar un exceso de recursos para as súas parroquias e actividades. Os concelleiros populares Iván Crespo e Vanesa González defenderon o traballo desenvolvido polos consellos parroquiais e asociacións veciñais, asegurando que desempeñan unha función esencial para dinamizar o municipio e denunciar o abandono que, ao seu xuízo, sofren por parte do executivo local.

Os populares tamén censuraron a actuación da alcaldesa, Digna Rivas, por non chamar á orde ao concelleiro durante a sesión plenaria nin defender aos colectivos aludidos. O PP considera que, de non proceder ao seu cese, a rexedora estaría avalando esas declaracións. Ademais, asegurou que existe un importante malestar entre as asociacións afectadas e reiterou o seu apoio aos consellos parroquiais e ao movemento veciñal, reclamando un goberno que “escoite e respecte” ás entidades que representan os intereses da cidadanía.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará