Chapela vivía este sábado unha xornada de festa malia que a embarcación local se clasificou no penúltimo posto. Os remeiros de Chapela volveron ao mar o domingo, neste caso en augas de Bueu logrando o décimo posto, superando ás embarcacións de San Juan e Santurzi. Na clasificación xeral o Chapela Wofco mantense por diante de Ares, a outra embarcación galega que milita na Liga ACT.
Fin de semana de moito remo que nos deixaba unha cita histórica en Chapela coa celebración da primeira regata que o club berete organizaba tras o ansiado ascenso á Liga ACT. Con todo, o esixente da categoría impediu que os remeiros do Arealonga puidesen asinar unha mellor posición. Non lograron unha boa marca o que os relega ao penúltimo posto da clasificación nunha regata con vitoria para Orio, seguida da embarcación de Ziérbana e na que os de Hondarribia quedaron en terceiro lugar.
Sen tempo para o descanso os de Arealonga saían novamente á competición o domingo en augras de Bueu. Unha bandeira que volvía ser para a embarcación de Orio e na que a tripulación de Chapela Wofco lograba a décima praza, pero cedendo un punto a Ares que lograba clasificarse na novena praza.
Na clasificación xeral os de Chapela mantéñense na decimoprimeira posición con 18 puntos, so por diante de Ares que pecha a liga con 15 puntos.











