Hoxe é Venres 17 de Xullo de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cesantes vive as festas do Carme do 17 ao 20 de xullo con procesión marítima e grandes verbenas

festas carm,e2

Cesantes honra á Virxe do Carme cun amplo programa de actos relixiosos e festivos que arrancan na tarde de hoxe venres e se prolongarán ata o luns 20 de xullo. As verbenas a cargo de formacións tan emblemáticas como Trébol, Kubo ou o espectáculo polo 50 aniversario de América SL amenizarán as horas nocturnas. Unha programación na que destaca un ano máis a tradicional procesión por mar que se celebra o sábado e que volverá reunir ducias de embarcacións e centos de participantes. Dende a comisión destacan tamén que haberá pantalla xigante para seguir a final do mundial e poder vivir tamén no recinto da festa o partido entre as selección de España e Arxentina.

A devoción á Virxe do Carme en Cesantes mantense viva desde hai xeracións e constitúe unha das tradicións máis arraigadas na parroquia que arranca este venres con festa infantil a partir das 18.00 horas, organizada por TEG Animación e verbena nocturna a partir das 22.00 horas, cos grupos Alkar e Arizona.

Con todo, o acto central chegará o sábado coa procesión marítima que reunirá numerosas embarcacións engalanadas que acompañan a imaxe da Virxe nun percorrido pola ría. Estímase que serán ao redor de 600 persoas as que participarán desta cita así como unhas 15 embarcacións de cerco e outros barcos tanto profesionais como deportivos.

Manuel Nieto, Comisión Festas do Carmen

A cita será o sábado con saída da procesión ás 17:30 horas dende a igrexa de Cesantes ata a praia para dar comezo ao tradicional percorrido por mar, acompañada pola Banda de Música Xuvenil de Barro. Ao remate realizarase a ofrenda floral e a solta de pombas, ademais da homenaxe aos mariñeiros falecidos. Pola noite, a música volverá ser protagonista coa verbena amenizada polas orquestras Acordes e Trébol.

A Comisión lamenta non contar cun pantalán axeitado quer facilite o desembarco na propia praia.

O domingo a programación coa alborada e pasarrúas do grupo de gaitas Son do Castro. Ás 11.30 horas celebrarase a misa solemne na praia, cantada pola Coral Ondas do Mar de Vigo, seguida da ofrenda á Virxe coa participación do grupo de gaitas Airiños de San Simón do CCD de Cesantes. Durante o acto tamén terá lugar unha lembranza e un recoñecemento aos mariñeiros máis veteranos da parroquia.

Xa pola tarde, ás 17.00 horas, os máis pequenos poderán participar nunha festa infantil con festa da escuma, Holi e sesión musical a cargo de Skandal. Ás 19.30 horas ofrecerá un concerto a Orquestra de Saxos de Redondela. A verbena estará amenizada pola orquestra Los Players e o grupo América SL, que presentará o seu espectáculo especial co gallo do seu 50 aniversario. Dende a comisión destacan tamén que haberá pantalla xigante para seguir a final do mundial e poder vivir tamén no recinto da festa o partido entre as selección de España e Arxentina.

As celebracións rematarán o luns 20 de xullo. A xornada comezará co pasarrúas da charanga Mil9 e, ás 19.00 horas, sairá desde a punta da praia a procesión terrestre, acompañada pola Banda Unión Musical de Tenorio. A continuación celebrarase a misa solemne, cantada pola Coral Pedra Blanca de Cesantes, poñendo o broche final a catro días de celebración nos que a fe, a tradición mariñeira e a convivencia volverán ser as protagonistas.

As Festas do Carme de Cesantes constitúen unha das citas relixiosas e populares máis singulares da comarca de Redondela. A súa histórica vinculación co mar, a espectacular procesión marítima na enseada de San Simón e a implicación da veciñanza converten cada edición nunha celebración que transcende o ámbito parroquial e que reúne centos de persoas arredor dunha tradición que continúa plenamente viva.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará