Hoxe é Venres 17 de Xullo de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Miguel Rey proclámase campión de España infantil nos 50 metros braza

WhatsApp Image 2026-07-17 at 11.54.23

O nadador do Cub de Natación de Redondela Miguel Rey asinou unha actuación histórica no Campionato de España Infantil de Verán, que se está a celebrar – do 16 ao 19 de xullo – na piscina do Club Natación Metropole, en Gran Canaria, ao proclamarse campión de España nos 50 metros braza.

O deportista impúxose na final cun rexistro de 30.46 segundos, un tempo que lle permitiu non só conquistar o título nacional, senón tamén rebaxar en máis dun segundo a Mellor Marca Galega de 15 anos (MMG), un récord que el mesmo xa mellorara durante a sesión matinal da competición.

Con esta marca, Miguel Rey convértese no bracista infantil máis rápido de España e tamén no máis rápido da historia de Galicia na súa categoría, confirmando a excelente progresión que vén demostrando nas últimas tempadas.

Este éxito é froito do traballo desenvolvido tanto polo nadador como pola súa adestradora, Nuria Otero, cuxa planificación e preparación permitiron acadar un novo fito para o club.

O Campionato de España Infantil de Verán reúne en Gran Canaria os mellores nadadores nacionais da categoría e continuará disputándose ata o vindeiro domingo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará