A restrición á circulación entrará en vigor a partir das 19.00 horas e afectará á rúa Alfonso XII, desde a Praza de Ribadavia. A medida responde á previsión dunha elevada afluencia de público para seguir o encontro e ten como principal obxectivo garantir a seguridade das persoas asistentes.
A Policía local de Redondela anunciou que este domingo, 19 de xullo, procederá ao peche do tráfico no centro urbano con motivo da emisión da final do Mundial, na que participa a selección española, nunha pantalla instalada na zona de Alfonso XII.
Desde o Concello recoméndase á veciñanza planificar os seus desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permanezan vixentes as restricións de tráfico.









