Hoxe é Mércores 15 de Xullo de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Rexístranse incendios en colectores tamén en Redondela: un arde dentro dunha marquesiña na mesma madrugada que en Nespereira

747736541_1039925118486381_7978592815746812688_n

A Policía Local de Redondela interveu na madrugada do luns ao martes en varios incendios rexistrados en colectores de lixo situados nas zonas de Reboreda-Quintela e Ventosela, uns feitos que apuntan a unha acción intencionada.

Segundo informou o corpo policial, os axentes conseguiron sufocar, coa colaboración de varios veciños, ata tres incendios en colectores antes da chegada dos servizos de emerxencia. Nun dos casos, os autores introduciron un dos colectores no interior dunha marquesiña de autobús e posteriormente prendéronlle lume, o que incrementou o risco de danos materiais.

Ata o lugar desprazouse tamén o GES de Mos, que completou as tarefas de extinción dos incendios.

Mentres actuaban en Redondela, o GES de Mos recibiu un novo aviso por varios colectores ardendo na parroquia de Nespereira. A coincidencia temporal destes sucesos leva a considerar que poderían responder a unha mesma acción vandálica.

Desde a Policía Local condenan este tipo de actos, que supoñen un perigo para a seguridade das persoas e poden provocar importantes danos no mobiliario urbano e nas infraestruturas próximas.

Colectores incendiados en Nespereira
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará