Hoxe é Mércores 15 de Xullo de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Queiman varios colectores na parroquia de Nespereira en Pazos de Borbén

pazos contedores1

O goberno local condena rotundamente os actos vandálicos rexistrados na madrugada do martes e solicita a colaboración veciñal para identificar aos responsables. O lume afectou a numerosos colectores en diferentes puntos da parroquia que quedaron reducidos a cinzas.

O alcalde, Luciano Otero, denunciou os feitos diante da autoridade, que se desprazou ata o lugar para iniciar a correspondente investigación.

Uns feitos que cualificou de “enorme gravidade” que non só supoñen un importante prexuízo económico para as arcas municipais pola reposición do mobiliario urbano, senón que, ademais, coas altas temperaturas e o elevado risco de incendio destes días, puxeron en perigo a seguridade das persoas e da contorna.

Desde o Concello fan un chamamento á colaboración da veciñanza e animan a que se algunha  persoa viu algo sospeitoso ou pode achegar información que axude a identificar aos responsable se poña en contacto coas autoridades.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará