Hoxe é Mércores 1 de Xullo de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un lume queima un dos illotes das Alvedosas

lume

O incendio declarouse en torno ás 13:30 horas de hoxe e afecta a este illote deshabitado e cuberto de matogueira que se atopa na desembocadura do Verdugo e no fondo da ría de Vigo.

Na extinción do lume traballan efectivos de Medio Rural, co obxectivo de sufocar o incendio coa descarga de auga dende medios aéreos e ante a dificultade de chegar a este espazo por terra.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará