Hoxe é Domingo 12 de Xullo de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un lume queima un dos illotes das Alvedosas

lume

O incendio declarouse en torno ás 13:30 horas deste mércores nun illote deshabitado e cuberto de matogueira situado na desembocadura do río Verdugo, no fondo da ría de Vigo. O lume afectou unha pequena illa de aproximadamente 4.500 metros cadrados, de valor ecolóxico pero sen ningunha infraestrutura.

Os efectivos de Medio Rural, en colaboración con Protección Civil de Vilaboa e apoio loxístico desde terra, traballaron na extinción. Debido á dificultade extrema de acceso por terra, o principal medio utilizado foi o helicóptero Bell 412 de Medio Rural, con base en O Campiño, equipado co sistema Bambi para descargas de auga.

A brigada desprazouse ao lugar para realizar os traballos terrestres, a aperimetración do lume e as tarefas de extinción combinadas con apoio aéreo. Unha vez controlado o incendio e finalizadas as operacións, o helicóptero recolleu á brigada e desmontou o equipo Bambi. O lume xa se atopa sufocado e controlado.

Investigación aberta

A orixe do incendio aínda se descoñece e está en fase de estudo. As autoridades non descartan ningunha hipótese, pero a intencionalidade considérase pouco probable. A illa carece de valor económico ou estratéxico, o que reduce os posibles móbiles intencionados. Ademais, o lume iniciouse na zona norte, nun momento en que o vento sopraba en sentido contrario ao avance inicial, e as condicións climatolóxicas axudaron á rápida propagación.

Outro factor que complica a idea dunha acción deliberada é o estado da marea baixa: o perímetro da illa quedaba ao descuberto, o que obrigaría a calquera persoa a deixar a embarcación a varios metros de distancia e camiñar exposta, facendo moi arriscado e pouco viable un desprazamento intencionado.

Os equipos continúan avaliando o lugar para determinar con precisión as causas. Non se rexistraron danos persoais nin afectación a outras zonas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará