Hoxe é Venres 26 de Xuño de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Chapela debuta na Liga ACT Eusko Label

724894243_1623232296474715_8251386948741173870_n

Fotos de MAChremo na presentación do equipo da ACT

O Club de Remo Chapela converterase este domingo na única representante do sur de Galicia na máxima categoría estatal de remo de traiñeiras. O equipo absoluto masculino disputará as dúas primeiras bandeiras da tempada 2026 da Liga Eusko Label, un fito histórico para o club redondelán.

A cita inaugural terá lugar este domingo 28 de xuño no embalse de Riosequillo, en Buitrago del Lozoya (Madrid). Por primeira vez, a Liga ACT abandona o seu escenario habitual no litoral atlántico e na cornixa cantábrica para navegar en augas madrileñas. Competirase pola Bandera Canal de Isabel II – 175 aniversario e a Bandera Pueblos con Vida Comunidad de Madrid, coa saída prevista ás 12:15 horas.

Chapela competirá nesta tempada contra outros once equipos de elite: Orio Orialki, Zierbena Bahías de Bizkaia, Naiz Homes Donostiarra, Bermeo-Urdaibai, Orsa Hondarribia, Getaria, Lekittarra Elecnor, San Juan CMO Valves, Ondarroa Kide, o Club de Remo de Ares e Itsasoko Ama – Viuda de Sainz.

Chapela chega á elite cunha gran ilusión e coa responsabilidade de representar non só a Redondela, senón a todo o sur de Galicia. A participación de Chapela na Eusko Label supón un recoñecemento ao traballo e á consolidación dun club que leva anos formando remeiros e mantendo viva a tradición das traiñeiras. A tempada 2026 a nival acaba de comezar.

Screenshot
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará