Hoxe é Martes 16 de Xuño de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Pazos recibe financiamento para mellorar a mobilidade peonil entre o CPI Curros Enríquez e o Auditorio

curros

A Deputación de Pontevedra aprobou unha achega de 86.000 euros para o concello de Pazos de Borbén no marco do Plan +Provincia 2026-2027. Esta subvención permitirá completar o financiamento do proxecto de mellora da mobilidade peonil entre o CPI Curros Enríquez e o Auditorio Municipal, que xa contaba con preto de 490.000 euros procedentes do II Plan Extra – Provincia Extraordinaria.

Deste xeito, a actuación contará cun investimento total próximo aos 575.000 euros, financiado integramente pola Deputación. O proxecto contempla a reordenación da zona para convertela nun espazo de prioridade peonil, cun único sentido de circulación, velocidade limitada a 20 quilómetros por hora e plataformas segregadas nos accesos.

A intervención garantirá itinerarios peonís accesibles para todos os equipamentos da contorna, incluíndo un percorrido específico para os escolares entre o centro educativo e o auditorio. Ademais, instalaranse redutores de velocidade, crearanse zonas arboradas e espazos de estancia e descanso á sombra, renovarase o mobiliario urbano e mellorarase a iluminación pública.

O proxecto tamén prevé a habilitación de varias zonas de aparcamento, tanto en liña como en batería, co obxectivo de mellorar a funcionalidade e a seguridade deste ámbito central do municipio.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará