Hoxe é Luns 15 de Xuño de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Máis de 30 deportistas participan no I Desafío Verdugo

PXL_20260613_113521155

Un total de 33 deportistas participaron na travesía celebrada na contorna do río Verdugo, unha xornada que combinou competición, convivencia e promoción dos deportes náuticos. Os organizadores do evento, o club Deportivo Salitre e a asociación ADN Rías Baixas confían en esta proba se consolide como unha cita de referencia no calendario dos deportes náuticos de Galicia.

A competición de Kaiak e paddle surf comezou ás 11:00 horas, deuse a saída ás distintas categorías, ofrecendo un gran espectáculo deportivo sobre as augas do río. O percorrido, de dificultade media-baixa establecía unha duración aproximada de dúas horas polas augas do Verdugo. Con todo, os gañadores realizaron este traxecto nun tempo moito menor. Así en Kaiak individual o vencedor foi Charly, cun tempo de 29 minutos e 30 segundos, alzándose coa vitoria en Kaiak dobre Adriana e Agustín, que deixaron un tempo de 41 minutos e 33 segundos.

En Paddle surf ríxido gañou Antón Álvarez, cun rexistro de 34 minutos e 25 segundos e en Paddle surf inchable Xian Farto, cun tempo de 38 minutos e 7 segundos.

Finalmente na categoría de Paddle surf feminino a vitoria foi para Diana Pérez, que completou o percorrido en 51 minutos e 40 segundos.

Máis aló da competición, os organizadores salientan “o ambiente de convivencia entre todos os asistentes, que finalizada a proba puideron gozar duns petiscos”.

O éxito de convocatoria e a satisfacción mostrada polos asistentes reforzan a vontade de consolidar o Desafío Verdugo como unha proba de referencia no calendario dos deportes náuticos de Galicia e unha ferramenta para pór en valor o patrimonio natural do río Verdugo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará