O accidente produciuse pasadas as once da noite deste venres na estrada N-550, nunha curva da vía tamén coñecida como Camiño de Fortóns. Foi un particular quen alertou do accidente as 23:17 horas de onte. Tras recibir o aviso o 112 Galicia activou un operativo de resposta no que participaron os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que tamén recibiran información sobre o suceso, e os efectivos da Policía Local e da Garda Civil de Tráfico.
Coa chegada dos axentes locais ao lugar do sinistro, comprobouse o grave estado do motorista e malia os intentos por reanimalo nada puido facerse por evitar o seu falecemento que se confirmou pouco tempo despois.









