Hoxe é Martes 9 de Xuño de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

I edición do Tornado Fest no Brisa Chiringo de Cesantes

concerto brisa

O local de Cesantes acollerá o vindeiro 27 de xuño un festival cargado de música rock, garage e o punk. Trátase da primeira edición do Tornado Fest. O festival reunirá sobre o escenario a bandas da escena nacional e internacional como The Anomalys, Old Time Spooks e os redondeláns Jay & The Smoking Machines, ademais da sesión final de DJ Bone. As entradas están xa se poden adquirir a un prezo de 12 euros en venta ancitipada (15 euros o día do concerto).

A cita dará comezo ás 19.00 horas e reunirá sobre o escenario catro propostas de procedencias e estilos diversos. O cartel estará encabezado pola banda holandesa The Anomalys, unha das formacións máis recoñecidas da escena garage punk europea, coñecida pola intensidade dos seus directos e a súa ampla traxectoria nos escenarios internacionais.

Xunto a eles actuarán Old Time Spooks, grupo procedente de Vitoria-Gasteiz que mestura a enerxía do punk coa tradición do bluegrass nunha proposta singular que gañou seguidores dentro e fóra de Euskal Herria.

A representación local correrá a cargo de Jay & The Smoking Machines, banda redondelá de rock que continúa consolidando a súa presenza na escena musical galega grazas á súa potente posta en escena e aos seus ritmos cheos de forza e personalidade.

O peche da xornada estará nas mans de DJ Bone, chegado desde Amsterdam, que ofrecerá unha sesión de rock and roll en vinilo para prolongar a festa ata o final da noite.

As entradas anticipadas xa están á venda por 12 euros e poden adquirirse no propio Brisa Chiringo de Cesantes, no establecemento O Funil, situado no centro de Redondela, así como a través da plataforma de venda en liña Woutick. O prezo das entradas na billeteira será de 15 euros.

Un evento que forma parte da intensa programación que o Brisa chiringo ten previstao desenvolver ao longo destes meses de verán, con concertos e actividades variadas ata mediados de setembro.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará