Foto do Soutomaior contra o Gondomar
Fin de semana de éxitos para o fútbol local, con Soutomaior, Chapela e Cesantes avanzando unha rolda máis na fase de promoción.
O C.D. Soutomaior deu un paso máis cara ao ascenso a Primeira Futgal tras vencer con autoridade ao Gondomar F.B. por 3-0 no Campo Municipal Graciano Padín. O conxunto local impúxose na primeira eliminatoria da promoción de ascenso desde Segunda Futgal e xa prepara a seguinte rolda. O seu próximo reto será a segunda eliminatoria, na que se medirá á S.D. Romay nunha eliminatoria a dobre partido, comezando o 21 de xuño como visitante.
Tamén foi unha xornada de celebración para o Chapela CF, que certificou o seu pase á final dos play-off de ascenso a Segunda Futgal. Os redondeláns derrotaron ao C.D. Pontellas por un contundente 1-4 nas semifinais disputadas este pasado domingo. Grazas a este triunfo, o Chapela disputará a eliminatoria definitiva polo ascenso fronte ao A.D. Lavadores, nunha final que se xogará a ida e volta.
Pola súa banda, o C.D. Cesantes tamén cumpriu co obxectivo ao superar ao Vilanova F.C. por 3-0 no encontro de volta das semifinais, disputado como anfitrión. O equipo accede así á gran final do play-off, prevista para o vindeiro 14 de xuño. Polo momento, queda por confirmarse tanto o rival como o campo onde se disputará.










