Hoxe é Venres 5 de Xuño de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O río Verdugo acollerá en xuño unha travesía popular de paddle surf e kaiak

CARTEL DESAFIO RIO VERDUGO

O río Verdugo será escenario o próximo 13 de xuño dunha nova proposta deportiva e de lecer ao aire libre. O Club Deportivo Salitre de Cesantes e a Asociación ADN Rías Baixas de Baiona impulsan a primeira edición do Desafío Río Verdugo, unha travesía popular de paddle surf (SUP), kaiak e Big Paddle aberta a participantes a partir dos 14 anos. A participación ten un custe de 15 euros e as persoas interesadas poden formalizar a súa inscrición ou solicitar máis información a través do teléfono 644 047 298 ou do correo electrónico salitreclubdeportivo@gmail.com.

A iniciativa nace co obxectivo de fomentar a práctica dos deportes acuáticos e pór en valor uno dos espazos naturais máis destacados da comarca a través dunha actividade accesible, segura e pensada para gozar en grupo.

A proba terá saída e chegada na praia da Xunqueira e comezará ás 11.00 horas. O percorrido, de dificultade media-baixa e cunha duración aproximada de dúas horas, permitirá aos participantes navegar polas augas do Verdugo mentres gozan da paisaxe e da contorna natural.

Baixo a lema “Natureza, deporte e bo roio”, a organización busca consolidar unha xornada de convivencia que combine actividade física, respecto polo medio ambiente e #gozar ao aire libre.

A participación terá un custo de 15 euros por persoa e contará cun máximo de 40 prazas dispoñibles. Ademais, quen non dispoñan de material propio poderán alugar o equipo necesario por 10 euros adicionais.

A inscrición inclúe a participación na travesía, seguro de accidentes, acceso ao servizo de aluguer de material en condicións especiais, avituallamiento ao finalizar a actividade, así como medallas e agasallos para os participantes destacados.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará