Hoxe é Xoves 4 de Xuño de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Víctor Lorenzo expón o seu “Melómano” na Galería Mínima Expresión

WhatsApp Image 2026-06-02 at 19.08.33

O colectivo Pitrina a través da Galería Mínima Expresión presenta durante os meses de xuño e xullo de 2026 unha exposición do escultor Víctor Lorenzo articulada en dúas partes.

Durante todo o mes de xuño, a mostra céntrase na escultura “Melómano”, a peza que Lorenzo creou para os Premios Martín Códax da Música. A galería conta coa colaboración do festival Millo Verde de Redondela, que este ano recibiu o premio Organistrum na XIX edición dos galardóns, recoñecido como o mellor festival galego. A escultura premiada estará exposta na galería, situada na fachada da DiscoTasca, na rúa Pai Crespo.

En xullo a exposición ampliarase coa incorporación de varias obras do autor que permitirán coñecer mellor a súa traxectoria. As pezas destacan a súa investigación formal e conceptual, o diálogo coa madeira e o seu característico traballo coa motoserra.

Víctor Lorenzo (Baiona, 1968) é un escultor autodidacta que desenvolveu a maior parte da súa carreira na súa vila natal. A súa obra, fundamentalmente figurativa e centrada na figura humana, está realizada principalmente en madeira —moitas veces policromada— e busca crear unha conexión directa co espectador. É o autor dos “Melómanos”, os galardóns dos Premios Martín Códax, unha das súas creacións máis coñecidas en Galicia.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará