Hoxe é Venres 29 de Maio de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Paseo da Xunqueira e a Alameda de Castelao declarados ‘Espazos libres de fume’

espazo libre de fume

Foto: Fon Decón

A iniciativa, impulsada pola Asociación española contra o cancro, busca promover unha vida libre de fume que protexa, sobre todo, á poboación infanto-xuvenil e desnormalizar o hábito de fumar en espazos convivenciais públicos. O paseo da Xunqueira e a Alameda Castelao foron sinalizados como espazos libres de fumes, tanto de tabaco tradicional como de vapeadores.

No marco do Día Mundial sen Tabaco, que se conmemora cada 31 de maio, o Concello de Redondela adheriuse á campaña co obxectivo de fomentar hábitos de vida saudables e protexer á poboación, especialmente aos menores, da exposición ao fume do tabaco en espazos públicos.

No marco desta iniciativa, o municipio procedeu á sinalización de diferentes espazos libres de fume —incluíndo tanto o tabaco tradicional como os dispositivos de vapeo— en varios puntos do municipio.

Os espazos sinalizados – Paseo da Xunqueira e a Alameda de Castelao – foron seleccionados mediante un proceso participativo no que participaron os centros educativos do municipio.

Ao acto de sinalización asistiron Patricia López, técnica de promoción da saúde da Asociación Española Contra o Cancro xunto a Amparo Alonso e Fani Daviña, presidenta e voluntaria da sede local da entidade en Redondela; xunto coa alcaldesa de Redondela, Digna Rivas e o concelleiro de Medio Ambiente e Saúde, Alberto Álvarez. Asistiron tamén a este acto: Iria Martínez, responsable da Rede Galega de Promoción da Saúde na Área Sanitaria de Vigo, alumando do IES Mendiño e integrantes da Asociación Lenda.

O obxectivo é fomentar unha vida libre de fume que protexa sobre todo á poboación infanto-xuvenil, desnormalizar o hábito de fumar en espazos convivenciais públicos reforzando o papel modélico positivo dos adultos en relación co consumo de tabaco e incentivar o abandono do hábito tabáquico e apoiar no proceso. Todo isto, co obxectivo final de conseguir que, no ano 2030, en liña coa Unión Europea, haxa a primeira xeración libre do fume do tabaco.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará