Hoxe é Xoves 14 de Maio de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O universo creativo de Jordi Bertran no Festival Internacional de Títeres

jordi

Ao fronte da súa propia compañía dende hai case catro décadas, Jordi Bertran é xa un clásico do Festival Internacional de Títeres de Redondela. Regresa este ano con dous espectáculos “Points” que se poderá ver este xoves ás 20:00 horas no Multiúsos da Xunqueira e “Clàssics” obra que pechará a programación de sala do Festival o vindeiro domingo ás 19:00 horas.

Recoñecido marionetista e titiriteiro de Barcelona, especializado en teatro visual, marionetas de fio e poesía escénica regresa ao noso concello para ofrecer dúas propostas diferentes pero que non defraudarán aos amantes dos títeres.

A obra que nos ofrece hoxe xoves leva por título “Point” teatro visual que nos conta catro historias creadas con tan só dúas mans, unha vella guitarra e algún puntos brancos. Bertran será quen de trasladarnos a mundos habitados por divertidas personaxes.

O domingo será o encargado de pechar a programación de sala con “Classics” un percorrido polos números máis exitosos da súa longa carreira, unha colección de escenas clásicas de marionetas de fío onde atoparemos persoanxes tan dispares como o tropetista Louis Armstrong, un rockeiro acróbata, un faquir ou un esquelete, entre outras sorprendentes marionetas que tomarán vida no escenario.

Un titiriteiro cun dominio extraordinario da técnica, capaz de dar vida aos monicreques cunha precisión e sensibilidade admirables. Mais o seu talento vai moito máis alá da perfección técnica: nas súas mans, cada espectáculo convértese nunha experiencia chea de emoción e humor.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará