Hoxe é Venres 15 de Maio de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Últimas horas para anotarse ao programa de emprego xuenil de Redondela: quedan 12 prazas vacantes

emprego

O programa “Fórmate na Empresa”, impulsado pola Asociación de Empresarios de Redondela, pecha hoxe 15 de maio o prazo de inscrición con 12 prazas aínda vacantes en empresas de sectores estratéxicos como administración, programación 3D, produción industrial, RRHH ou electromecánica,. As prácticas son remuneradas cunha bolsa mensual de 690,66 euros e están dirixidas a mozos e mozas de entre 18 e 30 anos.

Operarios/as de produción, técnicos/as administrativos/as, dependentes/as ou auxiliares sociosanitarios/as. Eses son algúns dos perfís que aínda buscan cubrir as empresas participantes no programa “Fórmate na Empresa”, que pecha este venres o prazo para presentar candidaturas.

O programa é unha oportunidade para acceder ao mercado laboral e conta con 12 prazas libres repartidas en diferentes áreas profesionais, desde administración e recursos humanos ata produción industrial, programación 3D ou electromecánica.

A iniciativa, financiada pola Xunta de Galicia a través da Dirección Xeral de Xuventude, pretende conectar ás persoas novas coa realidade empresarial do municipio mediante estadías formativas remuneradas en empresas locais.

As prácticas desenvolveranse durante un máximo de catro meses, cunha dedicación de catro días á semana e un mínimo de 100 horas mensuais. As persoas seleccionadas recibirán unha bolsa de formación de 690,66 euros ao mes, ampliable con axudas por desprazamento e complementos específicos para persoas con discapacidade igual ou superior ao 33%.

Ademais da experiencia profesional, o programa inclúe acompañamento mediante titorización individualizada e formación transversal orientada á mellora da empregabilidade.

Desde a Asociación de Empresarios de Redondela destacan que “Fórmate na Empresa” converteuse nunha ferramenta clave para dinamizar o emprego xuvenil e facilitar a incorporación de novo talento ás empresas da contorna.

As persoas interesadas poden presentar a súa candidatura a través da web oficial da entidade antes de que remate o día: www.empresasredondela.gal/noticias/programa-formate-na-empresa.

Posto nos que quedan prazas:

OPERARIO DE PRODUCCIÓN

TÉNCICO/A AUXILIAR DEPARTAMENTO RRHH

PROGRAMADOR 3D

TÉNCICO/A ADMINISTRATIVO/A FACTURACIÓN

TÉNCICO/A ADMINISTRATIVO/A CONTABLE

DEPENDENTE/A

PULIDOR/A MONTADOR

AUXILIAR SOCIOSANITARIO/A

ELECTROMECÁNICO

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará