O Multiusos da Xunqueira de Redondela acollerá o vindeiro 2 de xuño unha nova xornada do programa “Mariscando conCiencias para o Futuro”, centrada nesta ocasión na realidade da pesca costeira artesanal arredor do mundo. A actividade reunirá investigadoras, mariscadoras e persoas vinculadas ao mar para reflexionar sobre os desafíos ambientais, sociais e económicos que afronta o sector en distintos países.
A programación incluirá espazos de diálogo nos que profesionais do mar compartirán experiencias sobre o presente e o futuro da pesca artesanal, poñendo o foco na importancia da sustentabilidade e da conservación dos ecosistemas mariños.
Un dos eixos centrais da xornada será a proxección de varios testemuños audiovisuais protagonizados por mulleres do mar de países como Xapón e México. A través destes vídeos, o público poderá coñecer diferentes formas de vida e traballo ligadas ao mar, así como os problemas comúns que afectan ás comunidades mariñeiras en distintos continentes.
Ademais, inaugurarase unha exposición fotográfica elaborada por ACPP Galicia dedicada ás mulleres do mar de O Salvador. A mostra busca visibilizar o papel feminino nas actividades pesqueiras e reforzar o carácter internacional e multicultural desta iniciativa.
A xornada forma parte do proxecto “Mariscando conCiencias para o Futuro” promovido por Amarturmar, Artelixo, Future Oceans Lab (UVigo), Cidadania S. Coop. Galega e o Concello de Redondela,contando co financiamento da Fundación Daniel y Nina Carasso.
Unha actividade que nace da intersección entre as ciencias do mar, a pesca artesanal e a arte comunitaria, reuniu xa a máis dun cento de persoas nas súas actividades co obxectivo de dignificar os oficios do mar e concienciar sobre a saúde ambiental da nosa costa, así como establecer alianzas con asociacións e xente do mar para reflexionar sobre o pasado, presente e futuro da pesca artesanal.