Hoxe é Luns 11 de Maio de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

SAR Impernoroeste subcampioas da Final Four e Chapela pecha terceiro posto

692825457_1395910605899419_5002218372401086063_n

Fotos da Federación Galega de Balonmán

O Bueu Atlético Balonmán proclamouse finalmente campión da Final Four de Segunda Autonómica Feminina ao vencer na final á SAR Impernoroeste por 30-27.

Nun pavillón Pablo Herbello ateigado de público, as de Bueu foron superiores nunha segunda metade na que cometeron menos erros e non deron opción ás redondelás.  As locais entraron moi enchufadas ao descanso e dominaron para levar o ascenso á máxima categoría galega.

A SAR Impernoroeste acadou o subcampionato tras unha semifinal de infarto. No derbi redondelán fronte ao Balonmano Chapela, o partido estivo igualado durante todo o encontro. Ao descanso mandaban por 13-11, pero a emoción mantívose ata o final. Con 23-23 a falta dun minuto, un lanzamento de sete metros de Alejandra Buján nos últimos segundos deu a vitoria ás locais por 24-23, desatando a euforia no pavillón.

Pola súa banda, o Cíes Obra Civil Balonmán Chapela rematou no terceiro posto da Final Four ao vencer ao Lavadores Vigo por 27-24. As de Chapela dominaron desde o inicio, chegando ao descanso con vantaxe de catro goles (8-12), e souberon manter a superioridade a pesar da reacción final do rival.

Balonmnán Chapela.
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará