Fotos da Federación Galega de Balonmán
O Bueu Atlético Balonmán proclamouse finalmente campión da Final Four de Segunda Autonómica Feminina ao vencer na final á SAR Impernoroeste por 30-27.
Nun pavillón Pablo Herbello ateigado de público, as de Bueu foron superiores nunha segunda metade na que cometeron menos erros e non deron opción ás redondelás. As locais entraron moi enchufadas ao descanso e dominaron para levar o ascenso á máxima categoría galega.
A SAR Impernoroeste acadou o subcampionato tras unha semifinal de infarto. No derbi redondelán fronte ao Balonmano Chapela, o partido estivo igualado durante todo o encontro. Ao descanso mandaban por 13-11, pero a emoción mantívose ata o final. Con 23-23 a falta dun minuto, un lanzamento de sete metros de Alejandra Buján nos últimos segundos deu a vitoria ás locais por 24-23, desatando a euforia no pavillón.
Pola súa banda, o Cíes Obra Civil Balonmán Chapela rematou no terceiro posto da Final Four ao vencer ao Lavadores Vigo por 27-24. As de Chapela dominaron desde o inicio, chegando ao descanso con vantaxe de catro goles (8-12), e souberon manter a superioridade a pesar da reacción final do rival.










