Hoxe é Luns 11 de Maio de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

SAR Globalmar campións da Final Four de Segunda Autonómica

696349272_1557374436397478_935291530916531869_n

Fotos da Federación Galega de Balonman

SAR Globalmar proclamouse campión da Final Four de Segunda Autonómica Masculina tras un gran fin de semana no Pavillón Pablo Herbello de Bueu. Os redondeláns dominaron con claridade ao Balonmano Tui na semifinal (42-36) e superaron nun partido intenso ao Balonmano Arteixo na final (31-29).

Na semifinal, os redondeláns dominaron desde o inicio fronte ao Balonmano Tui. Cun ritmo elevado, chegaron ao descanso cunha vantaxe clara (22-16) e mantiveron o control na segunda metade para impoñerse por 42-36, selando o pase á final.

Na gran final disputouse un partido vibrante contra o Balonmano Arteixo. Os de Redondela comezaron moi fortes, cun parcial de 2-8 nos primeiros dez minutos. A pesar da reacción do rival, que achegou o marcador ao descanso (13-14), a SAR mellorou tras o repouso e chegou a dominar por sete tantos (19-26 no minuto 45). Arteixo apertou no tramo final e puxo o 28-30 a menos de dous minutos, pero a cabeza fría dos locais permitiu manter a vantaxe e levar a vitoria por 31-29.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará