Hoxe é Martes 15 de Setembro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela convoca unha asemblea veciñal ante a falta de oito médicos nos centros de saúde

asemblea sanidade

A veciñanza e os profesionais sanitarios están chamados a participar este martes, 15 de setembro, nunha asemblea aberta no Multiusos da Xunqueira ás 19:00 horas. Na xuntanza abordarase a situación actual dos centros de saúde da contorna logo dun verán especialmente complicado con menos persoal e máis listas de agarda.

A situación dos centros de saúde de Redondela continúa a xerar preocupación entre a veciñanza e o persoal sanitario. A falta de profesionais e a precarización das condicións de atención seguen sen atopar solucións, segundo denuncian os colectivos que veñen reclamando melloras na sanidade pública da localidade. Entre as carencias sinaladas atópase a falta de oito médicos nos centros de saúde de Redondela, unha situación que, segundo os convocantes, continúa sen resolverse.

Co remate da tempada estival, os colectivos promotores consideran necesario retomar a mobilización e a organización para abordar a situación e decidir os próximos pasos a seguir. Por este motivo, convocan unha asemblea aberta a toda a veciñanza e aos profesionais da saúde, dando continuidade ás reunións que se viñeron celebrando ata o de agora.

O obxectivo da reunión será analizar a situación actual dos centros de saúde de Redondela e decidir conxuntamente as accións e mobilizacións que se levarán a cabo nesta nova tempada.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará