Hoxe é Luns 10 de Agosto de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Chapela pelexa por eludir o descenso

chapela

As dúas embarcacións galegas que militan na máxima categoría do remo, a Liga ACT, tentan evitar unha posición que as condenaría ao descenso directo á Liga Galega de Traiñeiras. O obxectivo a falta de tan só seis xornadas é intentar alcanzar a penúltima praza, o que lles daría unha esperanza de permanencia. A dái de hoxe con 37 puntos, a embarcación de Arealonga ocupa a última praza da clasificación xeral, empatada con Ares.

Unha fin de semana que arrancaba ben para os de Chapela pero que rematou da peor das maneiras, ao situarse como colistas da Liga. Na xornada de onte non foron quen de quedar por diante da embarcación de Ares, competidora directa dos de Arealonga. Na Bandeira de Hondarribia, os de Juan Zunzunegui finalizaron na undécima posición, só por diante de San Juan, pero afastados da embarcación de Ferrolterra. Teñen por diante seis regatas para tentar eludir o descenso directo.

Os de Chapela pechan unha clasificación que lidera con contundencia Orio, que sumou a súa novena vitoria e marcha disparada cara ao título de liga.

A loita entre os dous equipos galegos da categoría seguirá o vindeiro sábado na regada de Pasai Donibane.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará