Hoxe é Mércores 29 de Xullo de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Alén Nós celebra a restauración dos piares do Pazo de Torres Agrelo e reclama medidas de protección

IMG-20260722-WA0017 (1)

A Asociación Cultural Alén Nós expresou a súa satisfacción pola restauración dos piares monumentais de entrada ao Pazo de Torres Agrelo, despois de que fosen repostos todos os elementos pétreos e ornamentais que resultaran danados polos impactos reiterados de vehículos de gran tonelaxe. A intervención foi promovida e executada polos actuais propietarios do inmoble, un xesto que a entidade cualifica como un exemplo de compromiso coa conservación do patrimonio histórico de Redondela e polo que lles trasladan publicamente o seu agradecemento.

Con todo, a asociación advirte de que a actuación non resolve o problema que provocou os danos. Segundo sinalan, o tránsito diario de camións e maquinaria pesada das empresas situadas na contorna continúa pasando a escasos centímetros dos piares, que seguen sen contar con medidas de protección. Alén Nós considera que, de non modificarse a circulación ou a disposición da entrada ao pazo, existe un risco elevado de que se produzan novos impactos que volvan deteriorar un conxunto patrimonial de gran valor.

Neste contexto, a entidade fai un chamamento ao Concello de Redondela para que aproveite esta actuación como punto de partida para buscar unha solución definitiva. Entre as propostas que defende figura o traslado dos piares ou a ampliación do espazo entre as columnas, nunha actuación coordinada coa propiedade do pazo. Ademais, reclama ao goberno municipal que inclúa estes elementos no catálogo de bens protexidos do novo PXOM e que impulse un acordo que garanta a súa conservación, evitando que futuros accidentes volvan poñer en perigo un dos elementos históricos máis singulares do municipio.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará