Hoxe é Xoves 23 de Xullo de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Investigan o roubo de dous vehículos municipais do Concello de Redondela, localizados horas despois calcinados

furgo2

A Policía investiga o roubo de dous vehículos municipais das dependencias do servizo de Vías e Obras do Concello de Redondela que desapareceron durante a madrugada e foron localizados horas máis tarde completamente calcinados nunha zona de monte en Reboreda. O departamento de Vías e obras estima que o material roubado e destruído ascende a uns 60.000 euros.

Un descoñecidos asaltaron de madrugadas as instalación municipais subtraendo ferramentas de traballo, material técnico e dous vehículos oficiais pertencentes ao servizo municipal de Electricidade. Así o confirma o Concello de Redondela quen alerta do grave prexuizo patrimonial que supoñen estes feitos xa que “nunha primeira valoración económica, o custo do material roubado xunto cos dous vehículos destruídos polo lume supón un prexuízo total para as arcas municipais que supera amplamente os 60.000 euros”.

O roubo foi denunciado polos propios traballadores en torno ás 7:30 horas segundo informan dende a Policía Nacional. Pouco despois os vehículos serían localizados totalmente calcinados nunha zona de monte na parroquia de Reboreda.

O caso xa se atopa baixo estrito control policial. As forzas e corpos de seguridade están a traballar de xeito conxunto e coordinado: a Policía Nacional asumiu por competencia a investigación do roubo nas dependencias do Concello, mentres que a Garda Civil estase a facer cargo de todas as dilixencias e a recollida de probas relacionadas coa queima dos dous vehículos no monte.

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas asegurou que se porán todos os medios necesarios a disposición dos investigadores para que este acto delituoso non quede impune, sinalando explicitamente que se chegará “ao fondo do asunto”. Do mesmo xeito, dende o Goberno local pídese a máxima prudencia e cautela respecto ás informacións que transcendan, co obxectivo prioritario de non interferir nas pescudas que están en marcha.

O concelleiro responsable do servizo, Roberto Villar, sinala que xa se activaron todos os mecanismos de urxencia para a reposición do material subtraído. Villar explica que o servizo de electricidade seguirá operativo e atendendo calquera incidencia no municipio “coa menor afectación posible para os cidadáns”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará