Hoxe é Mércores 22 de Xullo de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Obras de pavimentación en Cesantes, Ventosela e Trasmañó por valor de 155.000 euros

camiño1

As novas actuacións mellorarán o firme e a seguridade nas rúas San Pedro e Outeiro de Penas, xunto cos camiños da Cachopa, do Piñón e do Parque, a Estrada da Lamosa e os camiños da Minada e das Patelas. As obras forman parte do Plan de Investimentos nos Camiños Municipais do Concello, financiado integramente con fondos propios e dotado cun orzamento de 2,7 millóns de euros.

O Concello de Redondela avanza no Plan de Investimento dos Camiños Municipais con catro novos contratos de obras que xa foron adxudicados. Estas actuacións arrancarán en breve nas parroquias de Cesantes, Ventosela e Trasmañó cun investimento global de 155.449,36 euros.

En Cesantes, na rúa San Pedro, a actuación comprende o pavimentado dun tramo de 300 metros de lonxitude cun orzamento de 40.127,31 euros. Na mellora das rúas rúas Outeiro de Penas, Camiño da Cachopa, Camiño do Piñón e Camiño do Parque o proxecto divídese en dous tramos: o primeiro de 532 metros de lonxitude (dende o Camiño da Cachopa ata Outeiro de Penas) e o segundo de 61 metros de lonxitude (vinculando o Camiño do Parque). Esta intervención conta cun orzamento de 47.352,32 euros.

Na parroquia de Trasmañó a pavimentación será na Estrada da Lamosa e no Camiño da Minada, cun novo pavimento asfáltico dun tramo de 275 metros na Estrada da Lamosa e outro tramo de 100 metros do Camiño da Minada. O proxecto técnico dispón dun orzamento de 36.740.

En Ventosela contratouse a reforma do Camiño das Patelas, que se centrará en mellorar un tramo de 425 metros de lonxitude, conectando dende o cruzamento do Camiño do Costeiro. O orzamento desta obra ascende a 31.228,77 euros.

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, salienta que “grazas a unha xestión económica eficiente, podemos destinar 2,7 millóns de euros de fondos propios a un plan histórico que mellorará o noso rural cuns camiños municipais en boas condicións, xa que son arterias fundamentais para o día a día de centos de familias”.

Pola súa banda, o concelleiro de Infraestruturas e Sostibilidade, Roberto Villar, incidiu nos aspectos técnicos e na planificación das obras: “Con estas adxudicacións continuamos a bo ritmo as melloras nos camiños que sofren un serio deterioro”. Villar explica que “non se trata de parches temporais” senón dunhas obras planificadas que inclúen o fresado dos camiños e novas capas de asfaltado en quente “para garantir unha durabilidade óptima e mellorar a seguridade viaria”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará