Hoxe é Martes 30 de Xuño de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Xornada divulgativa en Soutomaior sobre a eclipse solar con reparto de gafas homologadas

eclipse cartel

A xornada “A Eclipse Solar” permitirá á veciñanza prepararse para vivir con seguridade a eclipse que será visible en Galicia o 12 de agosto. A actividade celebrarase o día 11 de xullo, unha proposta gratuíta coa que se busca preparar á cidadanía para un dos acontecementos astronómicos máis importantes das últimas décadas. A xornada contará con 200 prazas e as inscricións poden realizarse en liña ata o mércores 8 de xullo de 2026.

O motivo desta iniciativa é a chegada da eclipse solar total do 12 de agosto de 2026, un fenómeno excepcional que poderá observarse en gran parte de Galicia.

A actividade do sábado 11 permitirá ás persoas asistentes comprender mellor como se producirá este fenómeno e que efectos poderá percibir quen o observe. Ademais, as persoas inscritas recibirán unhas gafas homologadas para a observación segura da eclipse solar, un elemento fundamental para contemplar o fenómeno sen riscos para a visión.

A concelleira de Cultura, Silvia Cernadas, destaca que “o eclipse será unha ocasión única que dificilmente volveremos vivir nas mesmas condicións, polo que queremos que a veciñanza poida coñecer este fenómeno e desfrutalo con todas as garantías. Esta xornada permitirá prepararnos para ese momento e converter a observación do eclipse nunha experiencia segura, compartida e enriquecedora para persoas de todas as idades”.

A xornada contará con 200 prazas e está aberta ao público xeral a partir dos cinco anos de idade. As inscricións poderán realizarse en liña desde o luns 29 de xuño ás 09:30 horas ata o mércores 8 de xullo de 2026.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará