Hoxe é Martes 30 de Xuño de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Cruz Vermella presenta a súa programación de verán con actividades en Redondela e Chapela

talleres memoria

A Cruz Vermella desenvolverá durante os meses de xullo e agosto unha programación dirixida principalmente ás persoas maiores para fomentar un envellecemento activo, combater o illamento social e promover hábitos de vida saudables. As propostas das vindeiras semanas céntranse nos paseos saudables, no programa Vida activa e nos talleres de manexo do teléfono móbil.

Unha das propostas centrais serán Paseos saudables, unha actividade pensada para aquelas persoas que deixan de saír camiñar por non atopar compañía. Organizaranse percorridos en grupo por diferentes espazos naturais do municipio, entre eles o paseo do río Maceiras e a ruta da Portela, ademais de visitas á fervenza da Feixa e saídas á praia.

A programación inclúe tamén Vida activa, un multitaller no que se combinarán actividades de lecer e participación, como baile, charlas, puntillismo ou manualidades, co obxectivo de favorecer a convivencia e estimular a actividade física e creativa.

Outra das iniciativas será Dixitalízate, un programa de formación no uso do teléfono móbil adaptado a distintos niveis. Haberá curso básico para aprender a manexar o smartphone, aos que se suma un nivel máis avanzado centrado no uso das redes sociais e outras ferramentas dixitais.

As persoas interesadas en participar poden formalizar a súa inscrición na sede da Cruz Vermella, situada no edificio da Casa da Cultura.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará