Hoxe é Martes 23 de Xuño de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Vandalismo en Cesantes: prenden lume á fogueira de San Xoán un día antes da celebración

fogueira cesantes

A estrutura de madeira que estaba previsto queimar esta noite foi pasto das lapas a tan só 24 horas do San Xoán. Os organizadores lamentan o acontecido pero confirman que o programa continúa adiante coa reconstrución “contrarreloxo” da fogueira instalada na zona do Murallón cun programa que a arrancará ás 20:00 horas e que se prolongará ata a madrugada.

O presidente do Club de Remo de Cesantes, Jorge Crespo, entidade organizadora do evento xunto co Centro Cultural da parroquia, lamenta o acontecido esta madrugada cando “algún desaprensivo prendeu lume a madeira amoreada na curva morta da Estrada de Cesantes. Lembra que esta é a primeira vez que acontece algo semellante malia que a fogueira leva celebrándose máis de dúas décadas.

Os feitos producíanse en torno a unha da madrugada, cando se daba a voz de alarma ao recibir un dos integrantes da asociación a alerta de que a fogueira estaba a arder. Malia que un veciño tentou apagar o lume cunha mangueira foi imposible sufocar as lapas.

Agora traballan contrarreloxo en colaboración co Concello para tentar ter todo o punto para esta noite. De feito o Concelleiro de medio ambiente. Alberto Álvarez confirmou que dende o seu departamento están a traballar para conseguir madeira que facilite a reconstrucción da fogueira e a propia asociación xa ten conseguido máis palets para asegurar a celebración do San Xoán.

Lembramos que a festa en Cesantes arrancará ás 20:00 horas con sardiñada e churrasco nunha tarde noite na que o Club presentará tamén os seus diferentes equipos. O acendido da fogueira está previsto na medianoite e a continuación haberá música en directo e festa amenizada por un Dj.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará